Co motivo do entroido imos dar inicio a esta sección, na que imos pretender dar a coñecer as actividades que van acontecendo no país galego.
O entroido é unha palabra que deriva do latin introitus, e que significa "entrada" ou "comezo" da primavera e do rexurdimento da vexetación.
O entroido, ó variar conforme a Pascua e a Coresma, non ten datas fixas. O martes de entroido adoita coincidir en febreiro ou nos primeiros días de marzo, pero as celebracións relacionadas poden comezar xa en xaneiro.
É o que se coñece como ciclo do entroido e que ten nas diferentes vilas de Galiza distintas extensións. Tense tomado como referencia o entroido de Xinzo como o máis longo, se ben a súa distribución en cinco semanas é común a boa parte das comarcas centrais ourensás, como Maceda.
O Entroido é celebrado en toda Europa dende épocas descoñecidas. Non se sabe con certeza a súa orixe, algúns pensan que vén da tradición celta, outros afirman cós comezos desta festa, pódense atopar na adoración a Baco ou Dionisos .Coa chegada do cristianismo, moitas das festas pagás, que eran antigamente celebradas foron tomadas e cristianizadas. Deste xeito, esta celebración que tiña posiblemente o seu significado na despedida dos longos e duros días do inverno, mesturouse coa despedida da carne antes do período de abstinencia da Coresma que comeza no día mércores de Cinza (é dicir "corenta días antes do domingo de Ramos).
No Entroido todo está permitido. Son moi comúns os discursos coma os testamentos, os chamados arranques ou as coplas, que son sátiras da realidade e de feitos sucedidos durante o ano, incluíndo ós referidos ós veciños e ás institucións públicas.Dende o século XIX, comezou a celebrarse nos liceos de cidades e vilas un entroido máis burgués, con disfraces e bailes máis elaborados. Xa no século XX, e durante a época da guerra e da posguerra o entroido foi perseguido, polo que algunhas das tradicións perdéronse. Pero, dende os anos 70 deu comezou un proceso de recuperación destas tradicións máis ancestrais, tanto nas aldeas coma nas cidades; nestas ultimas con desfiles, concursos e disfraces nas rúas acompañados con música.Pero o que sempre primou do Entroido, e o espírito de crítica contra todo, e a posibilidade de dicir esas cousas con ton de sátira.
Os periodos da festa son os seguintes:
- Domingo Fareleiro ou Borrallento: Coincide co domingo de septuaxésima, e nesta da é costume que os veciños se manchen uns ós outros con "borralla" ou "farelo", a fariña de peor calidade.
- Xoves de Compadres: Neste día realízase unha tradicional pelexa entre sexos. As mozas fabrican un boneco ou varios bonecos que representan os homes e tentan queimalo, mentres os mozos loitan por llo roubar.
- Domingo Corredoiro ou Oleiro: Nesta data realízanse celebracións moi diferentes segundo os lugares. Tradicionalmente era cando se facía a corrida do galo; en Laza lánzanse formigas enriba da xente e faise a farrapada, loita con farrapos enchoupados en lama ou esterco. Na Praza Maior de Xinzo celébrase o xogo das olas, en que os participantes se pasan olas de barro, e a aquel que a rompa debe pagar unha rolda.
- Xoves de Comadres: Ó revés do de Compadres, son os homes os que fan un ou varios bonecos con feitura de muller e son estas quen loitan por llelo sacar.
- Domingo de Entroido: Comeza a festa maior.
- Martes de Entroido: En moitos lugares celébranse os "Testamentos" do Entroido e entérrase a representación da festa.
- Mércores de Cinza: É a data na que todo remata, e a escolleita en moitas vilas e aldeas para enterra-la sardiña.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario